A Casa da Mosca Chosca
Información:
  • 16-05-2025
  • 19:30 - 20:00
  • Público familiar
  • GRATUITO

A Casa da Mosca Chosca

Este venres 16 de maio, a partir das 19:30 horas, o Auditorio do Concello de Oroso acolle "A casa da mosca chosca", un divertido contacontos musicado a cargo do Proxecto Bululú.

Unha actividade pensada para o público familiar, onde música, humor e fantasía danse a man para celebrar as nosas letras dunha maneira diferente e participativa.

A entrada será de balde ata completar aforo.

Non perdas esta oportunidade de gozar coa familia e coa cultura!

Compartir: