Localización: Aparcamento traseiro do Centro Cívico
Churrascada Festa da Xuventude
A Comisión de Festas de Sigüeiro-Barciela organiza en colaboración co Concello de Oroso unha churrascada con motivo da Festa da Xuventude, o día 17 de marzo de 2025 dende ás 13:30 horas.
A asistencia á churrascada será con aforo limitado e estará autorizada a mozos e mozas de entre 16 anos (ou que os cumpran neste 2025) e 35. Pero, a partir do xantar estaremos abertos a todo o público, para así poder gozar dunha tarde amena e divertida xuntos.
A churrascada terá lugar detrás do centro cívico e faremos sesión vermú e tardeo amenizado con DJ.
O prezo da entrada é de 8€ e pódese adquirir nos locais Petiscos e Equípat.
Únete para unha churrascada chea de sabor e diversión!