Localización: Centro Cultural
Máis Saaabor!
O Concello de Oroso acolle o espectáculo de teatro cómico "Máis saaabor!", producido por Culturactiva, interpretado por Félix Rodríguez e Fran Rei, e dirixido por Avelino González. Nel, dous chefs preparan un menú gorentoso cheo de música, maxia, humor, ritmo e participación do público, sempre co mundo da gastronomía de fondo.
Agardámoste!!!!
Sinopse
Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez coproducen e presentan o espectáculo Máis Saaabor!, unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia e dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable.Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!
Tras o éxito de Saaabor!, estreada en marzo de 2017, Félix Rodríguez e Fran Rei convértense de novo en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para toda a familia. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego. O food truck de Máis Saaabor! chega a vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.













