XI Carreira Pedestre Concello de Oroso
Información:
  • 30-03-2025
  • 10:00 - 14:00
  • Todos os públicos
  • 6.00
Inscrición - Reserva

Localización: Sigüeiro

XI Carreira Pedestre Concello de Oroso

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na undécima edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 30 de marzo ás 10:00 horas cun percorrido de 10 km.

Data30 de marzo ás 10:00 horas

Prazo Inscrición26 de maio ás 23:59 horas

Regulamentodescargar



Categorias

Proba Categoría Idade Hora Distancia
Absoluta Sen-S23-S20-S18 Nados/as 1990-2009 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 1 Nados/as 1979-1989 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 2 Nados/as 1969-1978 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 3 Nados/as 1968 e anteriores 10:00 10.000 m.
Escolar Sub-6 Nados/as 2020 e posteriores 11:20 300 m.
Escolar Sub-8 Nados/as 2018-2019 11:30 300 m.
Escolar Sub-10 Nados/as 2016-2017 11:40 1.000 m.
Escolar Sub-12 Nados/as 2014-2015 11:50 1.000 m.
Escolar Sub-14 Nados/as 2012-2013 12:00 2.000 m.
Escolar Sub-16 Nados/as 2010-2011 12:10 3.000 m.
Escolar Sub-18 Nados/as 2008-2009 12:10 3.000 m.


Información xeral

As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da FGA.

Percorrido

Categoría absoluta
Categorías escolares

Recollida de dorsais

Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 29 de marzo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse na cafetería de Piscina Municipal situada na Rúa Camiño Inglés, a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.

Avisos e cortes no percorrido

O domingo 30, durante o trancurso da carreira, estará aberta a piscina municipal de 11:00 a 14:00 con uso gratuito para corredores e veciñanza.

As rúas e zonas polas que transcorren as probas da carreira pedestre estarán cortadas ó tráfico. Podes consultar aquí cales son.

Compartir: