Inscrición - Reserva
Localización: Oroso
C.R.A. DE OROSO
O Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso abre o seu prazo de matrícula para o curso 2025/2026. Un modelo educativo de proximidade, con atención individualizada e conectado coa contorna natural.
Escolas Unitarias
Admisión alumnado
O prazo de presentación de solicitudes ordinaria de admisión do alumnado para o curso 2025/2026 será do 01.03.2025 ata o 20.03.2025 (ambos incluídos).
As solicitudes de admisión poderanse presentar a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou de forma presencial no centro.
O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.
Descarga o modelo de solicitude de admisión e a nota informativa sobre este procedemento.
Para calquera dúbida sobre este procedemento ou para máis información poden consultar na dirección do centro chamando ao 628 071 438 ou a través do correo cra.oroso@edu.xunta.gal.
Portas abertas
Durante o prazo de admisión de alumnado haberá xornada de portas abertas en horario de mañá de (12:00 a 13:30 horas.
Dende o Concello de Oroso apostamos por unha educación de calidade e de proximidade para a nosa infancia. Non perdas esta oportunidade!