Localización: Aula CeMIT
Curso de Inglés para maiores de 55 anos
O Concello de Oroso, en colaboración con ATEGAL, pon en marcha un curso de inglés destinado a maiores de 55 anos.
Unha oportunidade perfecta para aprender e mellorar o idioma nun ambiente dinámico e entretido.
O curso terá lugar os xoves de 17:00 a 18:30 horas durante os meses de abril, maio e xuño, na Aula CeMIT de Oroso.
O prazo de inscrición é do 5 ao 20 de marzo.
Non perdas esta oportunidade de aprender inglés!