Localización: EducaOroso
As RRSS, ferramenta útil para o teu negocio
O Concello de Oroso, xunto coa Deputación da Coruña e a Oficina Acelera Pyme, organiza un obradoiro dixital con Rebeca Facal, experta en venda online e RRSS.
O obradoiro está dirixido á cidadanía en xeral que desexe a potenciar o seu negocio a través das redes sociais.
Un evento totalmente de balde que terá lugar o mércores 26 de febreiro de 2025 na Aula CeMIT do Concello de Oroso, na rúa do Deporte 9, en Sigüeiro.
O horario será o seguinte:
19:30 a 20:30 horas: Obradoiro Dixital
20:30 a 21:30 horas: Aperitivo Networking
Para participar será necesario realizar a inscrición a través do teléfono 881045898 ou do correo electrónico oaprural@dacoruna.gal
Non perdas esta oportunidade para aprender a potenciar o teu negocio a través das redes sociais.













