Ándale - Bon Appétit
Información:
  • 25-01-2025
  • 12:00 - 13:30
  • Público familiar + 4 anos
  • GRATUITO

Ándale - Bon Appétit

O Concello de Oroso en colaboración coa Deputación da Coruña ofrecerá a representación este sábado 25 de xaneiro da obra de teatro "Ándale - Bon Appétit" de Teatro dos Ghazafelhos.

Unha obra de teatro, para público familiar maior de 4 anos, onde os nosos queridos chefs Felipe, Antonio e Francisco prepararán deliciosos pratos mexicanos facendo un pequeno repaso pola historia do país. Tamales, enchiladas, tacos... unha chea de receitas aderezadas co humor dos Ghazafelhos e acompañadas con personaxes como Pancho Villa ou Frida Kahlo. Coma sempre, a participación do publico será imprescindible.

A entrada será libre ata completar aforo.

Agardámoste!!!

Compartir: