Localización: Auditorio Municipal
Proxección especial de "Sen Alma"
O vindeiro 17 de xaneiro ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Oroso acollerá a proxección de "Sen Alma", unha emocionante historia de supervivencia e vínculos familiares nun mundo postapocalíptico.
Non perdas esta oportunidade de gozar desta obra única dirixida por Iago Barrado, cun reparto extraordinario e unha atmosfera que te manterá en tensión ata o final. A nosa veciña, Sara Fernández, participa no equipo técnico na dirección de son e subtítulos.
Sinopse
Nun futuro próximo, un virus da rabia mutado propágase rapidamente, transformando os humanos en criaturas agresivas e descontroladas. A sociedade colapsa e as cidades convértense en zonas de perigo onde os infectados axexan. No medio deste caos, tres irmáns separados durante o brote inicial buscan reunirse de novo.
Entradas
Entrada gratuita ata completar aforo.
Tráiler e información
senalma.es