Localización: Auditorio Municipal
Sesión de cine: El Grinch Animado
O vindeiro venres, 27 de decembro, ás 18:30 horas no Auditorio Municipal de Oroso, terá lugar unha tarde de "Sesión de Cine" na que se proxectará a película "El Grinch Animado".
O prezo da entrada será de 3 € a modo de donativo para a excursión de fin de curso de 4º ESO do IES de Oroso.
A venda de entradas realizarase o mesmo día a partir das 18:00 horas ata o comezo da película.
Lémbrase que está prohibido comer e beber dentro do auditorio.
Non agardes máis e anota na túa axenda este planazo para o Nadal!!!