Localización: Concello de Oroso
Concurso de Postais de Nadal
Pasos a seguir:
- As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
- Poden entregarse na técnica que cada participante considere oportuna, pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
- Cada participante poderá presentar un máximo de dúas postais
- No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta
Categorías
- De 3 a 4 anos
- De 5 a 7 anos
- De 8 a 10 anos
- De 11 a 14 anos
- Máis de 15 anos
Onde entregar a postal
Deberán ser entregadas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa no seguinte horario: de luns a venres de 9 a 14 horas ou de 16:30 a 20:30 horas.
Prazo de entrega:
Ata o 17 de decembro.
Os/as gañadores/as de cada categoría recibirán un lote de libros.