Localización: Salón de plenos do Concello
Presentación do libro "Natureza, camiño, emocións"
O vindeiro xoves 7 de novembro ás 20:00 h temos unha cita especial no Salón de Plenos do Concello de Oroso, en Sigüeiro.
Acompáñanos na presentación do libro "Natureza, camiño, emocións" de Xosé Manuel Lobato.
Participarán:
Andrea Castro, profesora
Severino Fernández, escritor e profesor
Alex Doval, alcalde do Concello de Oroso
Xosé Manuel Lobato, autor do libro
Sinopse
Conxunto de pequenos relatos independentes no que o autor toma como instrumento a natureza para divagar con gran beleza sobre aspectos moi dispares da vida cotiá convertendo as súas narracións en auténticas historias. Tal e como indica no seu título, a natureza como instrumento para facer ese camiño que leva a espertar emocións.
Rememorar o seu pasado, o seu presente e o seu futuro cunha mirada sobra a natureza como medio de supervivencia e trasladarlla ás novas xeracións para que a desfruten, a vivan e a transmitan.