Localización: Auditorio Centro Cultural
Outono Cultural 2024
Lúa Mosquetera
Venres 27 de setembro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Lúa Mosquetera e Pablo Seijas
Recital poético con acompañamento musical de Pablo Seijas.
O pequeno Poni
Xoves 3 de outubro, (Pase escolar)
Venres 4 de outubro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Redrum Teatro
Luismi é un neno de dez anos que vai a clase cunha mochila da súa serie de debuxos preferida, ‘O meu pequeno poni’. Algo tan inocente esperta as burlas, vexacións e a violencia máis brutal dos seus compañeiros. Esta é unha obra sobre o acoso escolar, esa dolorosa realidade na que viven atrapados cada vez máis nenos e nenas de todo o mundo; unha reflexión acerca da liberdade, o medo e o instinto de protección; un retrato da cegueira, a ineptitude e os prexuízos sociais dos adultos.
Monstros
Sábado 19 de outubro, ás 12:00 horas
Auditorio Centro Cultural
Dirixido á rapazada de 4 a 12 anos.
Producións Teatrais Excéntricas
Unha divertida aventura para toda a familia que nos propón risas e reflexión ao mesmo tempo. Que é aquilo que nos causa temor máis que o que é diferente a nós? Non somos todas e todos un pouco raros?...
Unha inimiga do pobo
Venres 25 de outubro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Dirixido ao público adulto.
Talía Teatro
Gañadora de sete premios María Casares.
Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa.
Bernarda
Venres 8 de novembro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Dirixido a maiores de 14 anos.
Malasombra Producións
Gañadora de catro premios María Casares no 2020 e seleccionada candidata a mellor espectáculo Premios Max 2021.
Unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente.
Demente
Venres 15 de novembro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Dirixido ao público adulto.
Fran Sieira
Unha obra de baile e música tradicional galega para o público adulto de 60 minutos de duración.
Meixeverso
Venres 22 de novembro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Dirixido a maiores de 14 anos.
Pablo Meixe
Meixeverso é un monólogo en. Unha gala de premios. Unha sala de cine. Pero sobre todo unha oportunidade para conectar con un dos creadores de contidos máis punteiros do momento.
O que non se ve
Venres 29 de novembro, ás 20:30 horas
Auditorio Centro Cultural
Et Suseia Danza
Espectáculo concedido a través do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.
O que non se ve expresa a necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Contextualizamos a obra nun ambiente “moderno” tal como se enfoca actualmente a nosa sociedade, e que camiña cada vez máis forte cara o empoderamento da muller, algo que consideramos moi necesario tamén no mundo do baile e a danza.