Inscrición - Reserva
Localización: Camiño Inglés (Ordes-Sigüeiro)
III Edición Media Maratón do Camiño Inglés
O domingo 21 de xullo terá lugar a terceira edición da Media Maratón do Camiño Inglés dende o veciño Concello de Ordes ata o Concello de Oroso.
Carreiras
A Asociación de Concellos do Camiño Inglés é a encargada da organización das carreiras, e este ano ademáis da media maratón e da carreira, como novidade, haberá dúas probas adicionais para a rapazada.
- A media maratón (21 km) comezará ás 10:00 horas dende a Igrexa de Ardemil (Concello de Ordes) seguindo a ruta do Camiño Inglés
- A carreira de 10 km tamén comezará ás 10:20 horas dende Ponte Pereira - Área de lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes) seguindo a mesma ruta
- Circuito de 3 km para rapaces e rapazas de entre 14 e 17 anos que comezará ás 10:05 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro
- Circuíto de 1,5 km para rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos que comezará ás 10:30 horas ao carón da Piscina Municipal de Sigüeiro
Inscricións e entrega de dorsais
As inscricións nas diferentes probas poderá realizarse ata o 18 de xullo ás 23:59 h. na web www.carreirasgalegas.com
A entrega dos dorsais realizarase o propio día 21 de xullo a partir das 08:00 horas, na liña de meta ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e ata as 08:45 horas para as probas de 21KM e 10KM. Para as probas de 3KM de 08:00 a 09:15 horas, e para a proba de 1,5 KM de 08:00 a 09:45 horas.
Máis información na web www.carreirasgalegas.com