Localización: Concello de Oroso
Certame Xuvenil Góis-Oroso Arte 2024
O Concello de Oroso a través da Concellería de Cultura organiza este certame co desexo de promover as artes plásticas entre a súa veciñanza e especialmente como apoio a artistas novos locais.
As presentes bases rexirán o proceso de inscrición.
DESTINATARIOS
Poderá participar artistas plásticos ata 35 anos de idade, nacidos ou residentes
no Concello de Oroso.
Nun apartado especial poderán presentarse artistas locais consolidados de calquera idade.
OBRA
O tema e a técnica será libre, encadradas dentro das modalidades de pintura, fotografía, escultura e debuxo.
Os autores das obras manteñen íntegros os dereitos de autor, mais
permitiranlle á organización a publicación de imaxes e gravacións dos trabalos presentados.
Cada artista poderá presentar unha única obra orixinal por modalidade
atendendo as seguintes normas:
PINTURA
Cadro convenientemente montado con marco ou listón cun tamaño mínimo de
50cm e máximo de 1m.
A organización resérvase o dereito de non admitir as obras que non cumpran
as condicións técnicas, artísticas ou legais esixidas nas presentes bases.
FOTOGRAFÍA
Fotografía perfectamente enmarcada e cun tamaño mínimo de 50cm e máximo
de 1m.
ESCULTURA
Peza cun tamaño sen peana que non exceda o metro de altura.
DEBUXO
Debuxo enmarcado e cun tamaña mínimo de 50cm e máximo de 1m.
RECEPCIÓN DAS OBRAS
A ficha de inscrición e unha fotografía en formato dixital serán enviadas por
correo electrónico a biblioteca@oroso.gal entre o 12 e o 23 de agosto.
As obras correctamente identificadas presentaranse no Centro Cultural a
Fernando de Casas e Novoa entre o 19 e o 23 de agosto no seguinte horario:
9:00h a 14:00h.
A organización resérvase o dereito de non admitir as obras que non cumpran
as condicións técnicas, artísticas ou legais.
EXPOSICIÓN
A exposición celebrarase do 6 setembro ao 6 de outubro de 2024 no Centro de
Saúde de Oroso.
Entre as obras que formen parte do certame, un xurado seleccionará 3 que
serán enviadas e expostas na Câmara Municipal de Góis no mes de novembro.
Do mesmo xeito o Concello de Oroso recibirá 3 obras que se mostrarán o longo
do mes de novembro na Casa do Concello.
DEVOLUCIÓN
Os artistas poderán retirar as obras no Centro Cultural Fernando de Casas e
Novoa unha vez rematada a exposición.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do certame.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación da solicitude de participación no certame Xuvenil Góis-Oroso
Arte 2024 implica a aceptación das bases e das decisións da organización.