Inscrición - Reserva
Localización: Castrelo de Miño (Ourense)
Campamento Xuvenil
O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 9 a 16 anos de idade, e terá lugar en Castrelo de Miño, na provincia de Ourense do 21 ata o 26 de xullo.
Durante o campamento levaranse a cabo diferentes actividades de convivencia, deportes, excursións, creatividade e natureza, competicións por equipos, veladas nocturnas, ...
As prazas son limitadas, adxudicaranse por sorteo e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.
Documentación a entregar coa inscrición
- DNI das persoas titoras
- DNI doutra persoa ou persoas
- Autorizadas para a súa recollida (se é o caso)
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Autorización sobre tratamiento de datos
- Informe médico en caso de intolerancias ou alerxias, ou ben se se lle debe administrar medicamentos.
- Anexo 1, de autorización de dispensación de medicación (se é o caso)
As familias contaredes con números de contacto do monitorado e cun horario de chamadas. Se o desexades, o voso fillo ou filla poderá traer un móbil, que fóra deste horario establecido permanecerá a cargo do equipo.
Asemade, recibiredes diariamente información e imaxes das actividades a través dunha aplicación de mensaxería que garante a privacidade dos vosos números de teléfono.
No seguinte enlace podes descargar o folleto informativo do Campamento Xuvenil
Datas de interese despois da inscrición