XXIV Toreno Ibérico de Tenis de Mesa
Información:
  • 14-06-2024 a 16-06-2024
  • 10:00 - 20:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

XXIV Toreno Ibérico de Tenis de Mesa

Esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño de 2024, celébrase nas instalacións do Complexo Deportivo Juanito Amigo de Oroso o XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa. Nesta edición participarán 8 equipos, dos cales 4 son españois e 4 portugueses: Galicia, Castela e León, Andalucía e Castela a Mancha serán os representantes de España, mentres que Aveiro, Vila Real, Madeira e unha combinación de xogadores de Portugal, Serán os 4 equipos de Portugal.

Unha oportunidade única para gozar das mellores promesas do tenis de mesa mundial en Oroso, nunha prestixiosa competición que xa ten a súa XXIV edición. A selección galega tentará revalidar o título conseguido na pasada edición en Fátima tanto na proba masculina por equipos como na individual masculina.

A competición comezará o venres ás 18.00 horas, e prolongarase durante todo o sábado, estando prevista a entrega de trofeos para o domingo 16 de xuño ás 13.30 horas.

Compartir: