Localización: Pavillón Municipal Juanito Amigo
I Torneo Internacional Hockey Oroso
O Pavillón Municipal Juanito Amigo de Sigüeiro acollerá o I Torneo Internacional de Hockey Oroso o sábado 22 de xuño.
Participarán grandes equipos do Hockey patíns como son HOCKEY CLUB CÍES de Vigo, HOCKEY CLUB PONTEAREAS e HOQUEI CLUBE MONÇAO de Portugal.
Dende as 10:30 da maña e ata última hora da tarde competirán en tres categorías: PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN.
Fóra das competicións disputaranse tamén dous partidos moi especiais:
Categoría MICRO no que os máis pequenos demostrarán todo o que saben.
Categoría SUB 15 no que se mezclarán os xogadores máis maiores dos equipos galegos para xogar un emocionante partido INTERNACIONAL co HC MONÇAO de PORTUGAL.
Invitámosvos a que o longo do día pasedes polo pavillón a disfrutar do HOCKEY co mellor dos ambientes, ademáis contaremos con cantina.