O Departamento de Cultura do Concello de Oroso ten como obxecto promover, coordinar e impulsar a actividade cultural no municipio, fomentando a participación cidadá, a creatividade e a difusión do patrimonio artístico e inmaterial. A cultura é entendida como un eixo esencial para fortalecer a identidade local, facilitar a participación comunitaria e contribuír á calidade de vida de toda a veciñanza.
Dentro das súas competencias, o departamento organiza programacións culturais variadas ao longo de todo o ano, dirixidas a públicos de todas as idades, desde nenos e nenas ata maiores. Estas actividades abranguen espectáculos de teatro, concertos, exposicións, obradoiros e ciclos culturais ... entre outros, con especial atención á promoción das artes escénicas, musicais e visuais.
O departamento mantén unha oferta continuada de actividades no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa, situado en Sigüeiro, así como actuacións culturais noutros espazos públicos do municipio.
Programacióne actividades culturais
Entre as programacións e iniciativas promovidas polo departamento destacan:
- Outono Cultural: un ciclo de actividades que inclúe teatro, concertos, obradoiros e espectáculos en diferentes formatos, pensado para chegar a públicos de todas as idades e estilos.
- Semana Cultural de Oroso: evento que reúne actividades diversas como actuacións musicais, espectáculos de circo, danza e actividades familiares, xunto con propostas de lecer e festa para toda a comunidade.
- Mergúllate na Cultura: programación estival de espectáculos de teatro e música que se estende ao longo de varias semanas, destinada a dinamizar os meses de xuño e xullo.
- OrosoGóisArte: certame e intercambio artístico que promove a participación de artistas locais e a colaboración cultural co municipio irmán de Góis (Portugal), contribuíndo á proxección da creación artística máis aló das fronteiras municipais.
Ademais, a área de cultura organiza, en colaboración con distintas entidades e colectivos, talleres, cursos e actividades formativas adaptadas a intereses culturais diversos, así como actuacións e eventos especiais programados ao longo do ano.
Dende o Departamento de Cultura da Concellaría de Cultura, Ensino, Infancia, Xuventude, Muller e Igualdade, organizamos diferentes programacións culturais ao longo de todo ano dirixidas a públicos de todas as idades, desde nenos e nenas ata maiores.
A continuación podes consultar a programación que se leva a cabo:
Programación 2026
Programación 2025
A Concellaría de Cultura do Concello de Oroso ofrece para este curso 2025-2026 os seguintes obradorios culturais:
- Debuxo e pintura
- Mecanografía
- Inicio á costura
- Club de Patchwork
- Teatro
- Campamento dixital
- Monográfico totebag
Dirixidorapaces e adultos
PrazosInscrición do 15 ao 26 de setembro
InscriciónImpreso de inscrición
ObradoirosCuadrante horarios, ...
Formalización da solicitude
- As solicitudes deberán entregarse cumprimentadas e asinadas no rexistro municipal de 9 a 12 horas ou a través da sede electrónica. Acceso á sede electrónica
- No caso de debuxo e pintura, mecanografía e inicación á costura sinala o código do curso que vai entre paréntese na solicitude.
- Os cursos están dirixidos tanto para rapaces como para adultos, e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.
- As cotas dos obradoiros de teatro faranse efectivas a empresas ou empregado/a da mesma que leven a cabo a actividade, do mes por adiantado. As cotas anuais dos obradoiros de debuxo e pintura faranse efectivas a través da páxina web www.oroso.gal no apartado de tributos online e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso. Acceso á tributos on line
- No momento de causar baixa nalgún curso deberá comunicalo por escrito no rexistro municipal ou a través da sede electrónica.
A Escola de Música "José Verea" do Concello de Oroso ofrece unha ensinanza musical completa e diversa co fin de satisfacer as múltiples necesidades que os seus ususarios poden demandar. Por unha banda, preparando as probas de acceso ós centros de ensinanza musical profesional ou conservatorios, pero tamén ofrecendo un proxecto pedagóxico propio e personalizado para os alumnos que se acheguen á música de xeito mías afeccionado e/ou lúdico, incluso para aqueles que pretendan profesionalizarse na música moderna: pop, rock, jazz, folk, etc, campos estes últimos para os que apenas existe formación regrada.
Se estas interesado ou precisas máis información, podes acceder a sección da escola de música ou poñerte en contacto co Departamento de Cultura.
Localización: Concello de Oroso
Certame Xuvenil Góis-Oroso Arte 2024
O Concello de Oroso a través da Concellería de Cultura organiza este certame co desexo de promover as artes plásticas entre a súa veciñanza e especialmente como apoio a artistas novos locais.
As presentes bases rexirán o proceso de inscrición.
DESTINATARIOS
Poderá participar artistas plásticos ata 35 anos de idade, nacidos ou residentes
no Concello de Oroso.
Nun apartado especial poderán presentarse artistas locais consolidados de calquera idade.
OBRA
O tema e a técnica será libre, encadradas dentro das modalidades de pintura, fotografía, escultura e debuxo.
Os autores das obras manteñen íntegros os dereitos de autor, mais
permitiranlle á organización a publicación de imaxes e gravacións dos trabalos presentados.
Cada artista poderá presentar unha única obra orixinal por modalidade
atendendo as seguintes normas:
PINTURA
Cadro convenientemente montado con marco ou listón cun tamaño mínimo de
50cm e máximo de 1m.
A organización resérvase o dereito de non admitir as obras que non cumpran
as condicións técnicas, artísticas ou legais esixidas nas presentes bases.
FOTOGRAFÍA
Fotografía perfectamente enmarcada e cun tamaño mínimo de 50cm e máximo
de 1m.
ESCULTURA
Peza cun tamaño sen peana que non exceda o metro de altura.
DEBUXO
Debuxo enmarcado e cun tamaña mínimo de 50cm e máximo de 1m.
RECEPCIÓN DAS OBRAS
A ficha de inscrición e unha fotografía en formato dixital serán enviadas por
correo electrónico a biblioteca@oroso.gal entre o 12 e o 23 de agosto.
As obras correctamente identificadas presentaranse no Centro Cultural a
Fernando de Casas e Novoa entre o 19 e o 23 de agosto no seguinte horario:
9:00h a 14:00h.
A organización resérvase o dereito de non admitir as obras que non cumpran
as condicións técnicas, artísticas ou legais.
EXPOSICIÓN
A exposición celebrarase do 6 setembro ao 6 de outubro de 2024 no Centro de
Saúde de Oroso.
Entre as obras que formen parte do certame, un xurado seleccionará 3 que
serán enviadas e expostas na Câmara Municipal de Góis no mes de novembro.
Do mesmo xeito o Concello de Oroso recibirá 3 obras que se mostrarán o longo
do mes de novembro na Casa do Concello.
DEVOLUCIÓN
Os artistas poderán retirar as obras no Centro Cultural Fernando de Casas e
Novoa unha vez rematada a exposición.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do certame.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación da solicitude de participación no certame Xuvenil Góis-Oroso
Arte 2024 implica a aceptación das bases e das decisións da organización.



