- 10:00-12:30
- Aula CeMIT Sigüeiro
- Persoas maiores
- GRATUITO
A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Oroso e coa Xunta de Galicia, organiza unha nova formación para achegar as ferramentas dixitais ás persoas maiores dun xeito práctico e sinxelo.
- 00:00-00:00
- Costa da Luz e Algarve
- Todos os públicos
- 570.00 €
O Concello de Oroso e o Concello de Frades organizan unha excursión de 6 días á Costa da Luz e Algarve, que terá lugar do 18 ao 23 de outubro de 2026.
- Anotacións do 1 ao 30 de setembro no Concello (981 69 14 78). O número de asento no bus outorgarase por orde de inscrición (terán preferencia as persoas empadroadas en Oroso e Frades). As prazas son limitadas e serán necesarias 50 persoas para realizar a excursión.
-
Prezo: 570 € en habitación dobre, ou 730 € en habitación individual.
O pago realizarase unha vez confirmada a excursión ao finalizar o prazo de anotacións a empresa organizadora (Excursións Miranda).
- 11:00-18:00
- Tambre Golf & Croquet
- Xogadores con handicap en vigor
- 15.00 €
O V Torneo Solidario ALCER 2026, a favor de ALCER Coruña e en apoio á donación de órganos e á loita contra as enfermidades renais celebrarase nas instalacións de Tambre Golf & Croquet durante o sábado 10 e o domingo 11 de outubro a partir das 11:00 horas.
Unha oportunidade para gozas do Pitch & Putt e sumar por unha boa causa.
- 10:00-18:30
- Concello de Oroso
- Todos os públicos
- GRATUITO
Consulta o calendario das competicións deportivas que teñen lugar no Concello de Oroso nesta fin de semana.
- 20:30-22:00
- Auditorio Centro Cultural
- Todos os públicos
- GRATUITO
O Concello de Oroso presenta a súa programación do Outono Cultural que terá lugar dende o 2 de outubro ata o 28 de novembro do 2026.
.












