Martes de Praia - Praia de Barraña (Boiro)

O programa "Martes de Praia" pecha o verán con máis de 300 usuarios nas oito saídas organizadas polo Concello de Oroso

O Concello de Oroso pechou esta semana unha nova edición do programa Martes de Praia, que ao longo dos meses de xullo e agosto rexistrou máis de 300 usuarios nas oito xornadas organizadas para facilitar á veciñanza o acceso ás saídas á praia durante o verán.

O programa desenvolveuse os días 7, 14, 21 e 28 de xullo e 6, 13, 20 e 27 de agosto, cun autobús que realizou un perc ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Infancia, María Requejo, visitaron o Campamento Xuvenil de Pernocta 2026

Aventura, natureza e convivencia no Campamento Xuvenil de Pernocta de Oroso

O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Infancia, María Requejo, visitaron o Campamento Xuvenil de Pernocta 2026, unha das propostas incluídas na programación de actividades de verán do Concello de Oroso para a infancia e a mocidade. A visita permitiu coñecer de primeira man as actividades que están a realizar os participantes e compartir con eles unha parte desta experiencia. < ...

ler máis
O concelleiro de Deportes, Carlos Fernández, e a concelleira de Cultura, María Requejo, durante a entrega de premios no Torneo Internacional

Oroso convértese no epicentro do béisbol internacional cun torneo que reuniu equipos de Galicia, Asturias e Portugal

O Campo Municipal de Béisbol de Sigüeiro converteuse a pasada fin de semana no punto de encontro do béisbol internacional coa celebración do Torneo Internacional de Béisbol, unha competición que reuniu en Oroso equipos procedentes de Galicia, Asturias e Portugal e que permitiu á veciñanza desfrutar dun deporte cunha importante presenza no municipio.

A actividade, incluída na ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a visita as obras que se están a executar na Escola Infantil Municipal da Ulloa

A Escola Infantil Municipal da Ulloa mellora as súas instalacións cun investimento de 150.000 euros

O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Ensino, María Requejo, visitaron este venres as obras que se están a executar na Escola Infantil Municipal da Ulloa, unha actuación destinada a modernizar as instalacións, mellorar o equipamento do centro e crear novos espazos exteriores para o alumnado.

O proxecto supón un investimento total de 150.000 euros, financiado mediant ...

ler máis
Mobiliario urbano actual en Sigüeiro

Oroso inicia a renovación do mobiliario urbano de Sigüeiro cun investimento superior aos 30.000 euros

O Concello de Oroso iniciará nos próximos días unha nova actuación destinada á mellora e renovación do mobiliario urbano do casco urbano de Sigüeiro, co obxectivo de continuar modernizando os espazos públicos e ofrecer á veciñanza contornas máis coidadas, funcionais e confortables.

Os traballos comezarán coa retirada dos bancos e papeleiras actualmente instalados nas zonas ...

ler máis