A directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, xunto co alcalde de Oroso, Álex Doval, membros do goberno local e veciños e veciñas que se deron cita durante a visita

Novas axudas para o asociacionismo local en Oroso

Onte recibimos no Concello de Oroso á directora xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, Natalia Prieto, quen visitou os locais sociais das asociacións beneficiarias no Cachopal, San Tomé e Deixebre, para comprobar as melloras realizadas grazas ás axudas autonómicas.

Estas actuacións enmarcadas no Plan específico de acción comunitaria da Xunta — que este ano benef ...

ler máis
Estado actual do viario tras a finalización das obras

Finalizadas as obras de mellora do viario en Berdomás, na parroquia da Gándara

O Concello de Oroso informa de que xa remataron os traballos de mellora viaria executados na zona de Berdomás, pertencente á parroquia da Gándara. A intervención, moi demandada pola veciñanza, tiña como obxectivo reforzar a seguridade e facilitar a mobilidade nun punto de tránsito habitual para residentes e vehículos agrícolas.

A actuación principal consistiu na construción ...

ler máis
Intervención ambiental na zona que rodea á Ponte Carollo na parroquia de Cardama

Traballos de limpeza e mantemento no tramo da Ponte Carollo sobre o Río Tambre

O Concello de Oroso, en colaboración coa entidade autonómica Augas de Galicia, vén de executar unha importante intervención ambiental na zona que rodea a ponte de Carollo, parroquia de Cardama, cunha dobre finalidade: conservar o dominio público hidráulico e garantir a seguridade e a correcta funcionalidade do cauce.

As tarefas, solicítadas polo Concello ao organismo hidráulic ...

ler máis
Nova parada de autobús no Empalme de Trasmonte

A Xunta autoriza unha nova parada de autobús no Empalme de Trasmonte

O Concello de Oroso informa da aprobación por parte da Xunta de Galicia para a creación dunha nova parada de autobús no lugar de Empalme de Trasmonte (parroquia de Trasmonte), que mellora a accesibilidade ao transporte público da veciñanza desta zona e fortalece as conexións interurbanas entre Santiago de Compostela, Ordes e A Coruña.

Segundo o comunicado da Xunta, «a parada ...

ler máis
Obras de mellora da rede viaria nos lugares de Berdomás e Vilanova

O Concello de Oroso remata as obras de mellora da rede viaria en Berdomás e Vilanova

O Concello de Oroso vén de concluir as obras de mellora da rede viaria nos lugares de Berdomás (A Gándara) e Vilanova (Oroso), incluídas no proxecto municipal de mantemento de camiños rurais. A intervención responde ás necesidades detectadas pola veciñanza e forma parte do compromiso continuo do Goberno local de investir nas infraestruturas das parroquias do municipio.

O orzam ...

ler máis