Cartel segunda edición do programa ‘Ter (en)conta’

A Mancomunidade de Ordes promove a segunda edición do programa ‘Ter (en)conta’ durante este verán

A Mancomunidade de Ordes, xunto cos sete Concellos que a integran, entre eles o Concello de Oroso, organizan o Programa “Ter (en)conta II” que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro, dándolle así continuidade á labor iniciada na primeira edición do programa, na que participaron máis de 60 mulleres da comarca.

A acción formativa será impartida por Andaina Pro Sa ...

ler máis
Viaxe a praia da Barraña.

Oroso organiza viaxes a praia para os seus veciños durante o verán

O Concello de Oroso anuncia a posta en marcha dunha nova iniciativa para este verán: organización de viaxes á praia todos os martes durante os meses de xullo e agosto.

Esta actividade está dirixida tanto a persoas maiores como a mozos do municipio, co obxectivo de promover o desfrute do tempo estival.

As viaxes incluirán a recollida de veciños en distintos puntos d ...

ler máis
Esperanza xunto co alcalde, Alex Doval e o concelleiro de Medio Ambiente, Oscar Rodríguez.

Unha veciña de Deixebre acada os 100 anos de idade

Hoxe a nosa veciña de Deixebre, Esperanza Cao Blanco, únese ao grupo de persoas que chegan aos 100 anos de idade en Oroso.

Nada en Barbeiros (Ordes), casou con Manuel Veiras, veciño de Oroso xa falecido, agora reside na Parroquia de Deixebre onde goza de boa saúde e na que pasea dous kilómetros e vive case sen tomar medicamentos, despois dunha vida adicada a ser labrega.
ler máis

Félix Rodríguez Vieites

Falece Félix Rodríguez Vieites

No día de onte informouse do falecemento de Félix Rodríguez Vieites, o primeiro alcalde de Oroso tras a volta da democracia a España.

Félix Rodríguez Vieites, veciño da Parroquia de Deixebre e perito de profesión, dedicou gran parte da súa vida ao servizo público, sendo un referente na historia de Oroso.

Rodríguez Vieites foi elixido alcalde en 1979, represen ...

ler máis
Cartel XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa

XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa

Esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño de 2024, celébrase nas instalacións do Complexo Deportivo Juanito Amigo de Oroso o XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa. Nesta edición participarán 8 equipos, dos cales 4 son españois e 4 portugueses: Galicia, Castela e León, Andalucía e Castela a Mancha serán os representantes de España, mentres que Aveiro, Vila Real, Madeira e unha combinación ...

ler máis