Representantes do Concello, membros da directiva da EDXO e participantes durante o X Torneo de Fútbol

X Torneo EDXO - Concello de Oroso

O Campo de Fútbol Municipal Lino Balado acolleu hoxe, 1 de maio, a 10ª edición do Torneo da ED Xuventude oroso, nas categorías Benxamín e Prebenxamín.

Máis de 11 horas de fútbol base onde se viu a ilusión, o compañeirismo e moita emoción nunha xornada que xa é un referente no deporte de formación da comarca.

Grazas aos equipos participantes, ás familias, á ...

ler máis
Doce Opalinas de Theodor Smeu

Theodor Smeu Stermin, veciño de Oroso, presenta a segunda edición de "Doce Opalinas"

O noso veciño Theodor Smeu Stermin presentará o vindeiro 7 de maio ás 19:00 horas a 2ª edición do seu libro "Doce Opalinas", na emblemática Libraría Follas Novas de Santiago de Compostela.

Unha obra recoñecida co Premio Narrativas Oblicuas, que segue a deixar pegada na literatura galega contemporánea.

Dende o Concello de Oroso queremos felicitar a Theodor polo se ...

ler máis
Pleno extraordinario onde se aprobou por unanimidade de todos os grupos da Corporación

A REMODELACIÓN DA GRABANXA, MÁIS CERCA: O CONCELLO APROBA O CONVENIO E ESPERA QUE A DEPUTACIÓN LICITE CANTO ANTES

O Concello de Oroso aprobou onte, en pleno extraordinario e por unanimidade de todos os grupos da Corporación, o convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para acometer a esperada remodelación integral da Avenida da Grabanxa.

Este acordo supón un paso definitivo para a execución dun proxecto xa aprobado e que contará con financiamento da institución provincial. A ...

ler máis
Campións de Liga 2ª División Nacional Masculina

Oroso volve facer historia no deporte

Queremos felicitar aos rapaces do club da nosa vila, que veñen de acadar un novo fito histórico: o ascenso matemático á 1ª División Nacional Masculina, cando aínda falta unha xornada para rematar a liga. Un logro impresionante que demostra o nivel e compromiso deste equipo.

Ademais, este éxito ten sabor orosán: catro xogadores da canteira, tres deles veciños de Oroso, foron ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Alex Doval, durante a sinatura do convenio, con Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia

Hoxe asinouse o convenio entre Augas de Galicia e o Concello de Oroso

Damos un paso máis cara á remodelación integral da Avenida da Grabanxa. O acordo asinado permitirá financiar as obras de saneamento e abastecemento de auga incluídas neste proxecto, que se acometerá en canto se formalice tamén o convenio coa Deputación da Coruña.

Grazas a este convenio, o Concello de Oroso non terá que asumir a parte dos 268.000 euros que corresponde a estes ...

ler máis