Carné Xove

A unidade móbil do Carné Xove visitará Oroso o próximo 5 de xuño

O Concello de Oroso acollerá o vindeiro venres 5 de xuño a visita da unidade móbil do Carné Xove, un servizo impulsado pola Xunta de Galicia que permitirá á mocidade do municipio expedir ou activar gratuitamente este documento.

A unidade instalarase na Casa da Xuventude en horario de 16:00 a 19:00 horas, facilitando que os mozos e mozas poidan realizar o trámite sen necesidade ...

ler máis
V MiniBTT Concello de Oroso

O Parque do Carboeiro acolle esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso

O Concello de Oroso e o Oroso Club Ciclista organizan esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso, unha cita xa consolidada dentro do calendario deportivo galego e que converterá novamente o Parque do Carboeiro no epicentro do ciclismo base.

A competición, incluída na Copa Galicia BTT Mini da Federación Galega de Ciclismo, reunirá en Sigüeiro a centos de nenos e nenas de di ...

ler máis
Conmemoración do Día Mundial do Autismo

Oroso conmemora o Día Mundial do Autismo cunha xornada de participación, sensibilización e inclusión

A Praza Isaac Díaz Pardo converteuse na tarde deste luns nun espazo cheo de vida, participación e compromiso social coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha cita xa consolidada no calendario do Concello de Oroso.

Veciñanza de todas as idades achegouse para compartir unha xornada pensada para visibilizar a realidade das persoas con trastorno do espec ...

ler máis
Xuventude Mentoring

Aberto o prazo de inscrición para a IX edición do programa Xuventude Mentoring

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de solicitude para participar na IX edición do programa Xuventude Mentoring, unha iniciativa dirixida a mozos e mozas galegos que teñan finalizados estudos superiores e que desexen mellorar a súa empregabilidade e facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.

Este programa, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, co ...

ler máis
Acto de inauguración no que estivo presente Álex Doval, alcalde de Oroso, Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta, e demáis concelleiros da corporación municipal.

Oroso reinaugura a Casa da Xuventude como novo espazo multifuncional para a mocidade

O Concello de Oroso celebrou hoxe a reinauguración da Casa da Xuventude, un espazo municipal renovado e adaptado ás necesidades actuais da mocidade, concibido como lugar de encontro, participación, creatividade e convivencia para as persoas novas do municipio.

O acto contou coa presenza de Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, nunha mostra da colaboración ...

ler máis