Parque da Ulloa en Sigüeiro

O Concello de Oroso iniciará as obras de mellora e humanización do Parque da Ulloa en Sigüeiro

O Concello de Oroso vén de anunciar unha nova actuación no centro urbano de Sigüeiro coa posta en marcha do proxecto de mellora e humanización do Parque da Ulloa, situado no Portiño. A intervención busca recuperar un espazo libre que, ata o de agora, non resultaba atractivo nin funcional para a veciñanza, especialmente para a infancia e as persoas maiores. As obras están previstas para ...

ler máis
Zona das obras Rúa Xuncal

Corte de tráfico na Rúa Xuncal

O Concello de Oroso informa que, debido ao avance das obras de humanización da Praza Isaac Díaz Pardo, a partir de hoxe, martes 15 de xullo, a Rúa Xuncal permanecerá cortada no seu acceso á Praza, así como as prazas de aparcamento do marxe esquerdo, por mor dos traballos de substitución da rede de pluviais.

O acceso quedará permitido exclusivamente para garaxes e carga e desca ...

ler máis
Zona das obras na Avenida de Compostela

Obras de mellora na Avenida de Compostela (N-550)

O Concello de Oroso iniciará o próximo luns día 14 unha nova actuación na Avenida de Compostela, no tramo urbano da N-550.

Trátase dun proxecto de ampliación e mellora das beirarrúas na marxe esquerda, entre os números 22 e 36, cun investimento próximo aos 63.000 euros.

As obras, promovidas polo propio Concello dentro do POS provincial, contan cun prazo estimado ...

ler máis
Obras na N-550

Comunicado oficial do Concello de Oroso sobre as obras na N-550

O Concello de Oroso informa á cidadanía que as obras que nestes días se están a realizar na estrada nacional N-550, ao seu paso polo municipio, son unha actuación directa do Ministerio de Transportes do Goberno de España, xa que se trata dunha vía de titularidade estatal e, polo tanto, da súa exclusiva competencia.

Os traballos foron iniciados sen que o Concello fose previamen ...

ler máis
O alcalde, Alex Doval, con membros do gorberno local, durante a visita ao CRA de Oroso

O Concello de Oroso acomete unha reforma integral na sede do CRA de Villaromarís tras os danos causados por un temporal

O Concello de Oroso vén de completar unha reforma integral nas instalacións do Centro Rural Agrupado (CRA) situadas na parroquia de Vilaromarís, logo dos graves danos provocados por un recente temporal, que afectou especialmente á cuberta do edificio. A intervención tiña como obxectivo principal restaurar a seguridade e funcionalidade do inmoble, garantindo así unhas condicións óptimas pa ...

ler máis