A conselleira de Vivenda e Planficación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; e o alcalde de Oroso, Alexander Doval

Oroso e a Xunta impulsan a transformación do Paseo do Carboeiro cun investimento superior ao millón de euros

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia deron un novo paso na mellora dos espazos públicos do municipio coa sinatura do convenio de colaboración para acondicionar a contorna do Camiño Inglés ao seu paso polo Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro.

O acordo permitirá desenvolver unha actuación integral cun investimento de máis de 1 millón de euros, destinada a modernizar e revitaliz ...

ler máis
Obradoiro de Emprego

Oroso informa da apertura do prazo para participar no Obradoiro Dual de Emprego “Mancomunidade Ordes V”

O Concello de Oroso informa da posta en marcha do Obradoiro Dual de Emprego “Mancomunidade Ordes V”, unha iniciativa de formación e emprego dirixida a persoas desempregadas maiores de 18 anos pertencentes aos concellos integrantes da Mancomunidade de Ordes.

Este programa enmárcase nas políticas activas de emprego promovidas pola Xunta de Galicia, a través do Servizo Público d ...

ler máis
Aviso

Información veciñal: reapertura ao tráfico na Praza Isaac Díaz Pardo

O Concello de Oroso informa de que mañá martes, a partir das 08:30 horas, a Praza Isaac Díaz Pardo volverá quedar aberta ao tráfico rodado, recuperando así a súa circulación habitual con acceso desde a Rúa Xuncal.

Esta reapertura prodúcese tras os traballos realizados nos últimos días neste espazo público, unha zona clave no núcleo urbano de Sigüeiro que xa fora obxecto ...

ler máis
Estado actual da Praza Isaac Díaz Pardo

O Concello inicia as obras definitivas na Praza Isaac Díaz Pardo para mellorar a seguridade e durabilidade do espazo

O Concello de Oroso vén de iniciar os traballos definitivos na Praza Isaac Díaz Pardo co obxectivo de corrixir as deficiencias detectadas no carril de circulación de vehículos e garantir unha solución estable e duradeira.

As incidencias rexistradas, relacionadas co levantamento dalgunhas losas debido ao paso continuado de tráfico rodado, foron comunicadas á empresa adxudicatari ...

ler máis
Visita do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado polo alcalde de Oroso, Alex Doval, e por membros da corporación municipal

O presidente da Deputación visita Oroso para coñecer a renovación do campo Lino Balado financiada polo POS

O Concello de Oroso recibiu hoxe a visita do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen coñeceu de primeira man as actuacións realizadas no campo de fútbol Lino Balado, onde se levou a cabo a renovación do terreo de xogo grazas ao financiamento do Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.

Durante a visita, na que estivo acompañado polo alcalde de ...

ler máis