O Concello de Oroso acollerá este mes de outubro un novo curso de dixitalización dirixido ás persoas maiores, unha iniciativa impulsada pola Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello de Oroso e coa Xunta de Galicia, que ten como finalidade achegar as novas tecnoloxías ás persoas participantes e facilitarlles o seu uso nas actividades e xestións da vida cotiá.
A ...
A Escola Infantil Municipal A Ulloa, en Sigüeiro, conta xa con renovadas instalacións despois das actuacións de mellora executadas nos últimos meses, cun investimento de 150.000 euros froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oroso.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este martes o centro acompañada polo alcalde de Oroso, ...
O CEIP Plurilingüe de Sigüeiro realiza unha chamada para incorporar persoal colaborador de apoio ao servizo de comedor escolar, co obxectivo de reforzar a atención e a vixilancia do alumnado durante o horario do xantar.
O Concello de Oroso colabora na difusión desta convocatoria para facilitar que a información chegue ao maior número posible de persoas interesadas e contribuír ...
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e a concelleira de Ensino, María Requejo, visitaron este venres as obras que se están a executar na Escola Infantil Municipal da Ulloa, unha actuación destinada a modernizar as instalacións, mellorar o equipamento do centro e crear novos espazos exteriores para o alumnado.
O proxecto supón un investimento total de 150.000 euros, financiado mediant ...
O Concello de Oroso recibiu a visita da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, para coñecer de primeira man as actuacións de mellora que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional está a executar no IES de Oroso no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha estratexia destinada á modernización das infraestruturas educativas púb ...
ler máis

















