V MiniBTT Concello de Oroso

O Parque do Carboeiro acolle esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso

O Concello de Oroso e o Oroso Club Ciclista organizan esta fin de semana a V MiniBTT Concello de Oroso, unha cita xa consolidada dentro do calendario deportivo galego e que converterá novamente o Parque do Carboeiro no epicentro do ciclismo base.

A competición, incluída na Copa Galicia BTT Mini da Federación Galega de Ciclismo, reunirá en Sigüeiro a centos de nenos e nenas de di ...

ler máis
Participantes da II Andaina Solidaria AFECTO

Oroso amosa o seu compromiso coa inclusión na II Andaina Solidaria AFECTO

O Concello de Oroso acolleu esta mañá a celebración da II Andaina Solidaria AFECTO, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación de Familias de Coidadores TEA de Oroso (AFECTO) coa colaboración municipal, que reuniu a numerosas familias, veciños e veciñas nunha xornada marcada pola participación, a convivencia e o compromiso social.

A andaina, cun percorrido accesible ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernandez, na entrega de premios da segunda xornada do Torneo Oroso Fútbol 8

O Lino Balado volveu vivir unha gran festa do fútbol base coa segunda xornada do Torneo Oroso Fútbol 8

O campo municipal do Lino Balado acolleu este domingo a segunda parte do Torneo Oroso Fútbol 8, unha cita deportiva que reuniu a numerosos equipos, familias e afeccionados nunha xornada marcada pola ilusión, a convivencia e o gran ambiente vivido arredor do fútbol base.

Ao longo do día, centos de persoas achegáronse ás instalacións municipais para desfrutar dunha intensa compet ...

ler máis
Equipo xuvenil da ED Xuventude de Oroso xunto o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández e directivos do club.

A ED Xuventude de Oroso proclámase campioa de liga e logra o ascenso á categoría nacional

O fútbol base de Oroso está de celebración. O equipo xuvenil da ED Xuventude de Oroso vén de conseguir un histórico dobre éxito tras proclamarse campión de liga e certificar o seu ascenso á categoría nacional, culminando así unha temporada brillante.

Este importante logro deportivo supón un novo fito para o club e para o deporte no municipio, consolidando o gran traballo qu ...

ler máis
Presentación da V Mini BTT Concello de Oroso con integrantes do Club Ciclista Oroso, o alcalde de Oroso, Álex Doval, e concelleiros do goberno local

O Parque do Carboeiro acollerá o V Mini BTT Concello de Oroso o próximo 24 de maio

O Concello de Oroso e o club Oroso C.C. animan a toda a veciñanza a participar e desfrutar dunha nova edición do V Mini BTT Concello de Oroso, unha cita deportiva xa consolidada no calendario do ciclismo base galego.

A proba celebrarase o vindeiro domingo 24 de maio de 2026, a partir das 10:00 horas, no Parque do Carboeiro, un espazo natural privilexiado do municipio que volverá co ...

ler máis