Este sábado 28 de xuño, un numeroso grupo de veciños e veciñas de Oroso gozou dunha xornada inesquecible pola Ría de Arousa, nunha excursión organizada con mimo para combinar natureza, cultura, patrimonio e boa gastronomía galega. A actividade, pensada como un espazo de encontro e lecer, resultou un éxito rotundo, cun ambiente extraordinario e momentos para lembrar.
A primeira ...
Hoxe tivo lugar en Oroso a presentación do libro Sueño que pierdo el avión, da autora Yolanda Alonso, unha obra publicada pola editorial Carena.
A novela afonda na historia de Ada, unha muller que escribe cartas á súa irmá falecida, nun exercicio de memoria, emocións e reencontro co pasado familiar.
Desde o Concello de Oroso agradecemos á autora e ás persoas asis ...
Ao longo deste mes e ata o 4 de xullo, poderanse ver expostas no Centro Cultural as obras realizadas polas persoas participantes no Obradoiro de Pintura, que chega ao seu fin tras semanas de creatividade, aprendizaxe e bo ambiente.
Unha pequena mostra do gran talento que temos no noso municipio. Grazas a todas e todos por formar parte desta actividade!
...
Un ano máis o Concello de Oroso participa no "Primavera no Camiño Inglés" que tivo lugar este sábado día 31 de maio en Miño e no cal estiveron presentes a concelleira de Cultura, María Requejo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Fernández.
Organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Miño, esta cita ...
Estes días estamos celebrando o Día das Letras Galegas nos centros educativos do concello cunha programación moi especial. Onte comezamos co alumnado do CRA de Oroso, que participou nunha charla-concerto didáctico para coñecer e homenaxear ás grandes cantareiras da nosa tradición oral: Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido... e moitas outras qu ...
ler máis
















