A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Oroso, Álex Doval, durante a visita ó centro

A Escola Infantil Municipal A Ulloa estrea novas instalacións tras un investimento de 150.000 euros

A Escola Infantil Municipal A Ulloa, en Sigüeiro, conta xa con renovadas instalacións despois das actuacións de mellora executadas nos últimos meses, cun investimento de 150.000 euros froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Oroso.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este martes o centro acompañada polo alcalde de Oroso, ...

ler máis
Victorino Verea Montero

Oroso despide a Victorino Verea Montero, memoria fotográfica de varias xeracións

O Concello de Oroso quere expresar o seu máis profundo pesar polo falecemento de Victorino Verea Montero, histórico fotógrafo ambulante de Oroso, que faleceu aos 98 anos, a poucos días de cumprir os 99.

Durante décadas, Victorino Verea percorreu Oroso e os municipios da contorna coa súa cámara, deixando testemuño de boa parte da vida cotiá das súas xentes. As súas fotografà ...

ler máis
XIII Xogos Ecuestres de Oroso

Fabuloso ambiente nos XIII Xogos Ecuestres de Oroso

A Gándara, en Piñeirón, acolleu unha nova edición dos Xogos Ecuestres de Oroso esta fin de semana, cunha xornada marcada pola equitación, a música e a convivencia nunha contorna natural privilexiada.

Oroso viviu unha nova edición dos Xogos Ecuestres de Oroso, que alcanzaron xa a súa décimo terceira edición, reunindo na contorna da Gándara, en Piñeirón, a participantes, af ...

ler máis
Manuele Caamagno, organizador do Festival; Marcos Gómez, comisario do Xacobeo 2027, Álex Doval, alcalde de Oroso e María Requejo, concelleira de Cultura

Oroso presenta o cartel do Psicotroita 2026, que reunirá en Sigüeiro música galega e propostas internacionais

O festival celebrará a súa undécima edición os días 26 e 27 de setembro no Paseo do Carboeiro, cunha programación que combina rock, punk, garage, surf, psicodelia e outras propostas da música popular contemporánea

O Paseo do Carboeiro, en Sigüeiro, foi este mércores o escenario escollido para presentar oficialmente o Psicotroita 2026, unha nova edición dun festival que, ano ...

ler máis
O alcalde de Oroso, Álex Doval, e o concelleiro de deportes, Carlos Fernández, no II Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso

Oroso acolleu o II Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso

O Pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro converteuse esta tarde no punto de encontro para os amantes do xadrez coa celebración do II Torneo Internacional de Xadrez Concello de Oroso, unha cita que alcanza a súa segunda edición consolidándose como unha das propostas deportivas do municipio.

Ao longo da xornada, xogadores e xogadoras de diferentes idades e niveis reuníronse arredor d ...

ler máis