O Concello de Oroso anuncia que os estudantes do IES de Oroso darán o pregón da Festa da Troita

O alcalde de Oroso, Alex Doval, e a concelleira de cultura e ensino, María Requejo, co estudantado do IES de Oroso.

A selección fíxose tras unha participación de varios grupos de rapaces de terceiro da ESO.

O Concello de Oroso comprace en anunciar que os estudantes do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Oroso foron seleccionado para dar o pregón da próxima Festa da Troita que será a XXVI edición. Tras un proceso de selección moi reñido, varios grupos de alumnos de terceiro da ESO demostraron a súa creatividade, paixón e compromiso, competindo pola oportunidade de dirixirse aos asistentes neste evento emblemático.

A Festa da Troita é un evento anual que celebra a tradición e a cultura local en Oroso. Este ano, o Concello de Oroso agradece de que sexan os mozos talentosos do IES de Oroso que den inicio a estas festividades.

O pregón, que será o domingo da Festa da Troita sobre as 13:30, será unha ocasión para que os estudantes compartan a súa visión, experiencias e entusiasmo cos asistentes.

Compartir: